• Asignatura: Galego
  • Autor: BYRAFA010
  • hace 7 años

tengo que un resume del grupo nos algo da sua vida e sua a obra narrativa

Respuestas

Respuesta dada por: nonresponder
2

Respuesta:

Historia

O 20 de outubro de 1920 naceu na cidade de Ourense a revista Nós. Arredor dela, xurdiron un grupo de autores literarios que, a partir da Asemblea de Monforte , se foron integrando de cheo nas estruturas das Irmandades da Fala. Posteriormente, a revista verá chegar novos autores. Todos estes trazos estarán presentes nas obras destes escritores.

A peripecia ideolóxica dos homes do grupo Nós aparece excelentemente reflectida na novela de Ramón Otero Pedrayo Arredor de si e no ensaio de Vicente Risco Nós, os inadaptados . Os escritores deste grupo parten dunha total falta de apego polas súas raíces, derivado da busca do cosmopolitismo. Derivado disto, todos eles aceptarán o galeguismo como doutrina ideolóxica. Por outra parte, este grupo de autores presenta unha particular problemática no que á súa denominación respecta.

En De Pondal a Novoneyra , Xosé Luís Méndez Ferrín refírese a el como grupo xeracional. Tense falado de grupo Nós, xeración Nós e incluso Anxo Tarrío fala dunha época Nós.

Alén disto, Castelao é único membro deste grupo que non parte dunha desvinculación total da cultura galega. De todos os xeitos, sexa Nós un grupo ou unha xeración, o que si está claro é que se trata dun colectivo de intelectuais de vital importancia dentro da literatura galega, posto que renovaron a prosa galega, ampliaron o número de xéneros cultivados en galego e exerceron o seu maxisterio sobre os autores da Xeración de 1925 e da Xeración de 1936.

Explicación:

Preguntas similares