Respuestas
A tenia, tamén coñecida co nome de solitaria, é un parásito que pode causar dous tipos deenfermidades parasitarias dependendo de se son poducidas na súa fase adulta ou na larvaria, tamén coñecida como fase intermedia.
Esta, métese no corpo cando o individuo inxire alimentos ou bebidas que están infectadas de gusanos ou dos seus ovos, normalmente atópanse en carne de porco ou vaca que esta cruda ou mal cociñada. Unha vez dentro do corpo, agarrase á parede interior dos intestinos grazas ás ventosas que posúe na cabeza e aliméntase da comida que o hóspede está dixerindo mediante absorción. A tenia medra agregando novos segmentos que poden reproducirse independentemente e, nalgúns casos, pode ter máis de 900. Este parásito reprodúcese xerando miles de ovos e, o feito de ser hermafroditas, é unha gran vantaxe para elas porque, case na totalidade dos casos, viven illadas.