Respuestas
Respuesta:
O bullying ou acoso escolar, é un fenómeno real e presente. Fronte a esta realidade
existente e difundida nas nosas aulas realizamos este traballo. Olweus (1987-1994)
desenvolve unha extensa investigación sobre bullying ou acoso escolar en Noruega e en
Escandinavia. Preocupación semellante impulsa as investigacións noutros continentes e
países. En Europa e especialmente en España, son numerosos os estudos de bullying ou
acoso escolar, entre eles mencionamos os de Avilés e Monjas (2005), Avilés (2013),
Barri (2006), Oñate Piñuel e Zabala (2006) e o Cisneros Informe VII, VIII e X.
A base teórica desta investigación analiza o fenómeno do bullying e cyberbullying e as
súas diversas manifestacións. Isto suscita a conveniencia da elaboración dun
instrumento de medición de bullying nos centros de Educación Secundaria, con
resultados inmediatos, como se fora un screening, sobre o acoso escolar ou bullying
nas escolas de Educación Secundaria. A partir de aquí xurde DIRABULL-A o cal foi
aplicado os alumnos de ensino secundario. Os resultados preséntanse e analízanse
neste estudo, realizando comparacións e contrastes cos resultados obtidos por outros
autores, a través doutros instrumentos de medida
Explicación:
dame coronita plisssss