¡Ou meu sono labrego! Unha casiña
preto do río, ó abrigo dos pinales,
con piorno e alboios nos currales
e palleiros na eira e na curtiña.
Ó pé da casa un muíño cantareiro
ó son da lira de ágoa que enche o caño,
baixo o maino agarimo dun castaño
e os amorosos brazos dun cruceiro.
Todo ó longo da aberta do muíño
tortas e vellas cepas de albariño
cos asios mestos no bendito outono.
E un ferrado de terra por facenda
pra prantío e xardín, libre de renda,
diesmo a Dios, sin foreiro nin máis dono.
De que se está a falar nesta composición?
En que tipo de poesía o incluírías: cívica, intimista ou lírica? Por que?
Respuestas
Respuesta dada por:
0
Respuesta:
genero lirikoan, poema guztiak genero lirikoan daudelako
Laguntzea espero dut
:)
(markatu nire onena)
Preguntas similares
hace 5 años
hace 8 años
hace 8 años
hace 8 años
hace 9 años